• CRAEGA
  • CRAEGA
  • ES-ECO-022-GA

Trámites e documentación para operadores inscritos

Listado de trámites e documentación para os operadores ecolóxicos xa inscritos no CRAEGA

Para dar cumprimento ao punto 7.10 da norma ISO/IEC 17065:2021 e como medio para garantir que o CRAEGA notifique a todos os seus clientes os cambios no esquema de certificación, tanto pola introdución de novos requisitos como por novas revisións, utilízase a web www.craega.es onde atoparás nas seccións “Regulamentos, normativas, resolucións e guías” e “Oficina Dixital” os documentos sempre actualizados para a túa consulta.

Ademais, todos os empadroados no CRAEGA recibirán un aviso cando se produzan novos requisitos ou revisións para que poidan ser consultados nesta páxina web.

Últimos documentos actualizados: Procedemento 4 “Control e Certificación”, Norma técnica de Acuicultura e Procedemento 8 “Xestión de obrigas, incumprimentos e medidas disciplinarias”. Data xuño 2023.


O CRAEGA pon a súa disposición a documentación que debe cumplimentar para solicitar os distintos trámites dispoñibles.

– Elixe o tipo de solicitude –

  • Cadernos de campo

    Todos os operadores inscritos nos rexistros de produción do CRAEGA e no caso de que tomen os seus propios rexistros deben levar un control das actividades que realizan conforme ao establecido na Normativa, e/ou se o desexan, poden usar o seguinte caderno que vos presentamos.

  • Ampliación

    Cando as modificacións afectaren ao tamaño ou dimensión das explotacións certificadas, ou implicaren cambios na liña de produción no caso das industrias, ou suporen unha variación no alcance da certificación, os operadores notificarán estas modificacións mediante o modelo de solicitude de ampliación e/ou modificación específico (FPOC-04/05), xunto co anexo correspondente da solicitude de certificación (FPOC-04/10) correspondente á súa produción, as cales se xestionarán e seguirán o mesmo trámite que as solicitudes de certificación.

    – Solicitude de ampliación e/ou modificación –

    – Formularios (ANEXOS) por actividade a certificar –

  • Cambio de titularidade

    O operador deberá comunicar, coa debida antelación ao Consello Regulador, o cambio de titularidade do expediente e solicitará ao CRAEGA este cambio de titularidade, asinado polo antigo e polo novo titular segundo o modelo (FPOC-09/03).

    O novo titular facilitará todos os datos necesarios para este cambio, así como a documentación que o CRAEGA estime oportuna.

    Para ter dereito á tramitación do cambio de titularidade, o titular deberá:

    • Estar inscrito no CRAEGA.

    • Ter o expediente ao corrente de pagamentos.

    • Estar ao corrente coas obrigas referidas no Regulamento de Funcionamento do CRAEGA.

    • Non ter o expediente suspendido de certificación, nin en proceso de suspensión, nin estar pendente do envío de accións correctivas.

    Presentar os seguintes documentos:

    • Copia do DNI do novo titular ou representante da empresa.

    • Copia das escrituras onde se recolla a designación do actual representante da empresa.

    • Copia da Tarxeta de Identificación Fiscal.

    • Copia da solicitude de cambio da titularidade nos rexistros correspondentes a actividade a desenrolar.

    A inscrición por cambio de titularidade implica, para o novo titular, a obriga do pagamento da cota por prestación de servizos de control e certificación sen descontos. Non será válido o cambio de titularidade mentres non se realice este pago.

    O novo titular, anualmente, pagará a cota de renovación na data do cambio de titularidade.

  • Autorización de sementes

    No caso da autorización de material de reprodución vexetal non obtidos polo método de produción ecolóxico, o cliente dirixirá ao CRAEGA a solicitude pertinente (FPOC-04/03) antes do emprego deste material de reprodución.

    Despois do estudo da solicitude e de comprobar o cumprimento das condicións establecidas no punto 1.8.5.1 – Parte I – Anexo II do Regulamento (UE) nº 2018/848, responderáselle ao solicitante, autorizando ou non o uso do material de reprodución vexetativa non obtidos polo método de produción ecolóxico, segundo proceda.

    A variedade para a que se solicita a autorización non debe encontrase na seguinte base do Ministerio.

    Deberán terse en conta as consideracións referentes á solicitude de autorización de material de reprodución vexetal non ecolóxico, listadas no reverso da solicitude.

  • Fichas de novos produtos

    – Novo produto –

    As industrias inscritas que decidan elaborar un novo produto deberán enviar a ficha de elaboración e/ou envasado, xunto o esquema da liña de produción e a nova etiqueta para a súa previa aprobación.

    – Venda directa –

    No caso de industrias acollidas ao rexistro de venda directa de produtos primarios, deberán enviar a ficha de novos produtos de venda directa, xunto o esquema da liña de produción e a nova etiqueta para a súa previa aprobación.

    – Comercializadoras/distribuidoras –

    As empresas comercializadoras/distribuidoras inscritas que decidan comercializar un novo produto deberán enviar a ficha de novos produtos comercializados/distribuídos, xunto coa nova etiqueta para a súa previa aprobación se é o caso.

    – Importadoras/exportadoras –

    As empresas importadoras/exportadoras inscritas que decidan importar un novo produto deberán enviar a ficha de novos produtos importados/exportados, xunto coa nova etiqueta para a súa previa aprobación se é o caso.

    – Agrupacións de operadores –

    As agrupacións de operadores rexistrados que decidan comercializar un novo produto deberán remitir a ficha de novos produtos comercializados por Grupo de Operadores xunto coa nova etiqueta para a súa aprobación previa, se é o caso.

    – Almacén –

    As empresas de almacén rexistradas que decidan almacenar un novo produto deben enviar a ficha de novos produtos almacenados.

    – Minoristas –

    As empresas minoristas rexistradas que decidan comercializar un novo produto deberán enviar a ficha de comercialización de novos produtos.

  • Autorización de mutilacións

    Descarga o documento para este trámite na seguinte ligazón.

  • Autorizacións de atado

    Descarga o documento para este trámite na seguinte ligazón.

  • Recoñecemento de inicio de periodo de conversión

    Descarga o documento para este trámite na seguinte ligazón.

  • Reposición de animais

    Descarga o documento para este trámite na seguinte ligazón.

  • Material identificativo (volantes, precintos e contraetiquetas)

    Descarga o documento para este trámite na seguinte ligazón.

  • Sinalización de parcelas

    Os clientes operadores inscritos nos rexistros poderán solicitar ao CRAEGA a sinalización mediante cartel identificativo de parcelas ou de instalacións; empregarase o (FPOC-07/01) onde asinarán seren informados das condicións de uso destes carteis propiedade do CRAEGA

    Descarga o documento para este trámite na seguinte ligazón.

  • Utilización do logotipo en publicidade

    Descarga o documento para este trámite na seguinte ligazón.

  • Plan de acción correctiva

    Con posterioridade á auditoría, o Técnico do Órgano de Control elaborará un Informe de Control para o operador (FPOC-04/01), onde se indicarán, se as houbera, as non conformidades e as probas destas detectadas no transcurso da auditoría. Xunto con este informe, remitiráselle ao operador o formato do Plan de Accións Correctoras (FPOC-04/02) para que as leve a cabo. Este Plan deberá ser remitido nun prazo inferior a quince días hábiles dende a recepción do Informe da Auditoría (FPOC-04-01). O Plan de Accións Correctivas e as evidencias aportadas polo operador serán valoradas polo Técnico que efectuou a auditoría de control.

    Descarga o documento para este trámite na seguinte ligazón.

  • Autorización para o emprego de material de reproducción vexetal

    Coa entrada en aplicación do Regulamento de produción ecolóxica R (UE) 2018/848, xurde a necesidade de contar con autorización para o uso de material de reprodución vexetal non ecolóxico para as prantas de froiteiras, pequenos froitos ou vides.

    Dado que da maior parte de dito material de reprodución vexetal actualmente non se conta con existencias de produción ecolóxica, o Agacal (Axencia Galega da Calidade Alimentaria) emitiu unha Resolución (consultar aquí) na que se inclúe unha listaxe das prantas de froiterias ou pequenos froitos para as que non sería preciso contar con autorización individual para o seu emprego. Trátase dunha autorización Xeral para todos os productores ecolóxicos de Galicia.

    Para pranta de vides, almendros, olivos e outras que non se atopen recollidas no Anexo da Resolución do Agacal, faise preciso a solicitude dunha autorización para o seu emprego de procedencia convencional.

    Daquelas prantas que se empreguen baixo a autorización Xeral concedida polo Agacal, deberanse de levar os rexistros correspondentes, onde se indiquen as cantidades empregadas e contar tamén con documentos acreditatidos da súa adquisición. E das cantidades empregadas anualmente baixo a autorización Xeral, deberase de realizar unha comunicación ó CRAEGA no mes de xaneiro do ano seguinte. Dita información incluirase dentro da Declaración Semestral de Ventas no apartado 3. “Cambios nos medios de produción”, ou para os operadores que aínda se atopen en conversión no documento que se lles facilite para tal comunicación.

    Descarga o documento para este trámite na seguinte ligazón.

  • Exención para a comercialización minorista de produtos ecolóxicos a granel

    A autoridade de control das producións ecolóxicas en Galicia, a Axencia Galega de Calidade Alimentaria – Agacal, dependente da Consellería do Medio Rural, aprobou unha exención para os comercializadores minoristas que vendan directamente aos consumidores finais produtos ecolóxicos non envasados que non sexan pensos.

    Quedan eximidos da obrigación de estar en posesión do certificado ao que se refire o artigo 35 do Regulamento sobre produción ecolóxica e etiquetaxe dos produtos ecolóxicos (UE) 2018/848 do Parlamento Europeo e do Consello, sempre que estos comercios minoristas non produzan, preparen, almacenen –salvo o almacenamento en relación co punto de venda–, nin importen estes produtos de terceiros países, nin subcontraten a un terceiro para efectuar tal actividades.

    Para poder acollerse a esta exención, debe cumprir, ao menos, cun destes requerimentos: Que as vendas a granel de produtos ecolóxicos non superen os 5.000 kg ao ano. Que ditas vendas non representen un volume de negocio anual de produtos ecolóxicos sen envasar superior a 20.000 € ou Que o custo potencial de certificación do operador supere o 2 % do volume de negocios total de produtos ecolóxicos sen envasar vendidos polo comercio minorista. Dende o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia – Craega informamos que: Aqueles comercializadores minoristas que cumpran cos requisitos e se acollan á exención deberán notificar obrigatoriamente ao Craega a súa actividade de venda de graneis ecolóxicos, declarando os quilogramos e o importe de vendas do ano 2023 segundo o modelo.

  • Cartel para a venda directa

    Enténdese por venda directa a comercialización de produtos da propia explotación realizada polo titular ou autorizado da mesma nas parcelas da súa explotación, en mercados locais, tendas de alimentación, postos de venda, etc. en toda Galicia ou eventos de similar natureza que permitan realizar este tipo de actividades, así como as vendas realizadas directamente a asociacións de consumidores e/ou cooperativas.

    Poder identificar o devandito punto de venda onde se realiza esta actividade mediante o distintivo facilitado polo CRAEGA, “Cartel identificativo”, e onde figure a lenda “Punto de venda avalado polo CRAEGA” e os datos identificativos do produtor. O devandito cartel deberá solicitarse mediante o formato (FPOC-06/03), e correspondendo só a un cartel por Operador.

– Cotas –

  • Consulta aquí as cotas vixentes para cada un dos trámites co CRAEGA:

– Laboratorios homologados –

  • De acordo co establecido na Norma ISO/IEC 17065:2012 no seu punto 6.2.2.4.f, cando o CRAEGA subcontrate os ensaios, o laboratorio elixido deberá cumprir os requisitos aplicables da Norma ISO/IEC 17025 e, polo tanto, deberá ser un laboratorio acreditado por ENAC e, en consecuencia, cumprir o disposto na ENAC NT-13 “Utilización de Laboratorios por Entidades de Certificación”.

    Achegamos a relación de laboratorios homologados polo CRAEGA, no caso de que che resulte útil (busca un laboratorio onde remitir unha mostra contraditoria, estar informado da devandita subcontratación no caso de que queiras opoñerte, etc.)

– Manual de calidade –

– Procedementos operativos de calidade –

  • Procedemento 4 – Control e certificación

    Descarga o documento para este trámite na seguinte ligazón.

  • Procedemento 6 – Utilización da marca CRAEGA

    Descarga o documento para este trámite na seguinte ligazón.

  • Procedemento 7 – Identidade gráfica do logotipo

    Descarga o documento para este trámite na seguinte ligazón.

  • Procedemento 8 – Xestión de obrigas, incumprimentos e medidas disciplinarias

    Descarga o documento para este trámite na seguinte ligazón.

  • Procedemento 9 – Xestión da inscrición nos Rexistros

    Descarga o documento para este trámite na seguinte ligazón.

Esta páxina usa cookies para funcionar. Máis información.