A 44.ª Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia celebrarase do 2 ao 5 de xuño e acollerá, un ano máis, a Feira Salimat, na que o Craega formará parte do programa de actividades, a través das “experiencias de calidade“ da Agacal, e da Consellería do Mar, co obxectivo de darlles cabida aos produtos certificados eco procedentes do mar e da terra.
EXPERIENCIAS CULINARIAS CON PRODUTOS ECO
O xoves, 2 de xuño, ás 18:30 horas, terá lugar unha cata-degustación de Castaña de Galicia, na que participa o Consello; o menú será elaborado por Criselda Iglesias, da Tapería Lecer (Cangas do Morrazo, Pontevedra).
O sábado, 4 de xuño, entre as 13:45 e as 14:30 h poderase asistir a outra “experiencia de calidade” na que estará presente o Craega: a Masterclass Ternera Gallega-Buey Gallego, de novo a cargo da chef Criselda Iglesias, na que, ademais do noso, estarán outros selos distintivos de calidade alimentaria galega.
O domingo, 5 de xuño, a etiqueta ecolóxica visibilizarase en dúas experiencias: a primeira, ás 11:30 h, con “produtos da terra”, e ás 15:00 h terá lugar a segunda: unha degustación de produtos de agricultura ecolóxica, da man de José Manuel Mallón, chef de Remollo Espazo Gastronómico (Ames, A Coruña), na que, ademais, haberá unha charla divulgativa sobre o labor que realiza a nosa entidade.
GALICIA SABE A MAR: ECOLÓXICOS A MARES
O selo de certificación eco tamén está incluído no programa de actividades da Consellería do Mar, que asistirá á feira con expositor propio, no que promoverá a campaña “Galicia sabe amar”, En concreto, o Craega colaborará o xoves 2 de xuño, de 18:00 a 19:00 h, xunto ao restaurador José Manuel Mallón, quen preparará unha cata baixo o lema “Galicia sabe amar: ecolóxicos a mares”, acompañada de sidras de produción ecolóxica.
Podedes consultar todas as actividades do evento aquí.