Como cada ano, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) convoca os Premios de Excelencia á Innovación das Mulleres Rurais, unha iniciativa que busca poñer en valor o traballo e os proxectos de vida das mulleres do rural e o imprescindible labor que realizan para manter e revitalizar estes territorios.
A convocatoria da 13.ª edición contará cunha dotación de 150.000 euros e publicarase nos próximos días.
CATEGORÍAS
Recoñeceranse proxectos excelentes, orixinais e innovadores de catro categorías:
- Excelencia á innovación na actividade agraria
- Excelencia á innovación na actividade pesqueira ou acuícola
- Excelencia á innovación en diversificación da actividade económica no medio rural ou zonas costeiras rurais
- Excelencia á comunicación
NOVIDADES
Este ano poñeranse en marcha algunhas novidades, como a ampliación do ámbito xeográfico dos premios para incluír proxectos localizados en concellos de menos de 5.000 habitantes. Ao igual que a definición de “zonas pesqueiras rurais”, que engloba os concellos de menos de 30.000 habitantes nos que se realiza actividade pesqueira ou acuícola. A categoría “excelencia á innovación na actividade pesqueira ou acuícola” abrangue todas as candidaturas relacionadas con este ámbito. Para as propostas das persoas físicas, substitúese o requisito de que a persoa teña o seu domicilio no medio rural para que sexa o proxecto ou actividade económica a que se atope nesta área ou, no seu caso, en zonas pesqueiras rurais.
Toda a información na web do Ministerio