Do 21 ao 24 de novembro o Craega acompañou a doce operadores ata a capital para asistir a unha nova edición de Biocultura Madrid, que cumpriu o seu cuadraxésimo aniversario. Ifema foi o lugar onde se desenvolveu esta feira, na cal, outro ano máis, os produtos ecolóxicos galegos certificados acadaron un importante éxito, cuns asistentes moi interesados por eles.
CALIDADE E SABOR DOS PRODUTOS GALEGOS
Algas La Patrona, Bubela Artesá, Algamar, Galuriña, Lacto Baltar, Cozinha da Aldeia, Ecogalletas, Los Sabores del Camino, Baronceli, Celebridade Galega, Capitán Alga e Sovoral foron os operadores eco que acompañamos nesta ocasión e aos que a Consellería do Medio Rural apoio coa promoción dos seus stands. Pola súa conta asistiron The Bio Factory e Orballo.
Nesta edición, dende Biocultura Madrid quixeron amosar que o “bio” non é nin foi unha moda, senón que chegou para quedarse. Houbo 400 expositores e o número de visitantes alcanzou a cifra de 55.000. A directora da feira, Ángeles Parra, comentou que “sería moi complexo resumir estes case corenta anos de feiras, activismo, rebeldía e concienciación social. Nunca fomos unha moda. O tempo deunos a razón. O futuro será ecolóxico ou non será”.
A feira contou coa visita da raíña doña Letizia, que , coma o ano pasado, amosou interese polos produtos eco galegos, ao achegarse ao noso stand para falar con varios operadores.
Ademais, a gastroneta co slogan “Alimentos ecolóxicos certificados do mar de Galicia” estivo presente no evento repartindo degustacións durante eses días. Esta acción púidose levar a cabo grazas ao apoio da Consellería do Mar.
Fontes: