BioCultura Madrid, a feira de produtos ecolóxicos e consumo responsable volve ao seu formato presencial a próxima semana, do 11 ao 14 de novembro. A 36.ª edición espera a participación de 400 expositores e 35.000 visitantes; ademais, paralelamente celebraranse máis de 300 actividades.
O evento, que ten lugar no pavillón 9 do IFEMA, acollerá máis de 18.000 referencias de produtos de alimentación ecolóxica que forman o maior sector da feira. Estarán acompañados doutros sectores como son os produtos para a hixiene e a cosmética con ingredientes certificados. Haberá tamén moda sustentable, benestar, aforro e reciclaxe, medio ambiente, turismo rural, casas de repouso, xoguetes, artesanías, música, libros e revistas.
Entre os produtores en ecolóxico participarán varios operadores que contan co selo do Craega. O Consello Regulador contará con stand propio, no que estarán A Factoría Ecolóxica-The Bio Factory, Galuriña Pizzas y Empanadas de Algas, Baronceli Agricultura Orgánica, Cerveza Celebridade Galega, Mieles Crudas Sovoral Galicia, Algas La Patrona, Capitán Alga, Los Sabores del Camino, Zumiño, Bubela Pastas y Cervezas Craft, Celtaverde e Mieles Anta. Pola súa banda, Orballo, Portomuiños-Las verduras del mar e Algamar, que tamén teñen o selo do Craega, asistirán con posto propio.