• CRAEGA
  • CRAEGA
  • ES-ECO-022-GA

O selo do Craega fai gala da súa calidade na 29.ª BioCultura Barcelona

Entre os pasados días 4 e 7 de maio o Palau Sant Jordi acollía a edición número 29 de BioCultura Barcelona e o Craega non podía faltar a esta cita co propósito ineludible de seguir apoiando os operadores certificados co selo ecolóxico de  Galicia.

UNHA DECENA DE POSTOS, EMBAIXADORES DO ALTO NIVEL GALEGO

Este ano como coexpositores baixo o paraugas do Consello, asistiron, lembrando que “o mar tamén é ecolóxico”, o Grupo Algamar, Algas La Patrona e Capitán Alga. Así mesmo, amosaron os seus produtos elaborados na terra as firmas Celebridade Galega, Mel de Sovoral, Tata. Alimentos Con Historia, Terra de BaronceliBubela, Los Sabores del Camino e a Queixería Dona Cobiña; pola súa banda, Coraçai e Orballo tamén estiveron na capital catalá con cadanseu stand. En total, foron unha decena de empresas ecolóxicas galegas as que demostraron, un ano máis, a excelente calidade da agricultura ecolóxica na nosa comunidade, todas no marco do noso lema habitual “Bos para a natureza, bos para ti”.

 

AS CIFRAS REFLICTEN A VITALIDADE DO SECTOR

Segundo a organización desta importante feira, Vida Sana, esta edición botou o peche amosando que, pese á crise conxuntural, o sector eco segue a medrar e responde de xeito moi dinámico ás necesidades dun mundo cambiante.

Con base nos seus datos, a afluencia de público foi de preto de 50.000 persoas, que visitaron uns 300 expositores dedicados aos sectores de alimentación bío, así como cosmética, moda, turismo, enerxías renovables, mobilidade sostible, artesanía e ONG;  paralelamente, realizáronse máis de 350 actividades.

Sen dúbida, trátase dunha grande oportunidade que non debemos perder para seguir sacando peito fóra das nosas fronteiras.

⇒Lembrade que BioCultura Barcelona ten prevista a súa vindeira edición en maio de 2024.

MÁS INFO

 

Esta páxina usa cookies para funcionar. Máis información.