O selo
O selo de garantía CRAEGA é a etiqueta que identifica aos alimentos ecolóxicos certificados en Galicia
Garantía do selo CRAEGA
O selo de garantía CRAEGA é a etiqueta que demostra que o alimento foi producido de maneira respectuosa co medio ambiente sen a intervención de elementos, compoñentes ou procesos químicos. Obtense despois de demostrar de maneira fidedigna que o produto é totalmente ecolóxico, con controis en cada fase da produción, elaboración e comercialización cumprindo coa normativa do REGULAMENTO (UE) 2018/848 DO PARLAMENTO EUROPEO E DO CONSELLO.
Como identificalo?
Para recoñecer os alimentos ecolóxicos, orgánicos ou bio (os 3 termos significan o mesmo), temos que fixarmos na súa etiqueta.
A etiquetaxe do produto ten que ser visible no envase e conter as seguintes referencias:
-
O logotipo ecolóxico europeo.
Unha folla perfilada con estrelas sobre fondo verde.
-
No caso de alimentos certificados en Galicia, obrigatoriamente o código do órgano de control (ES-ECO-022-GA) que así o certifique e opcionalmente o selo CRAEGA.
-
O lugar de procedencia dos ingredientes, que poden ser:
– AGRICULTURA UE, cando as materias primas son da Unión Europea.
– AGRICULTURA NON UE, cando os ingredientes son de terceiros países.
– AGRICULTURA UE/NON UE, cando a procedencia é mixta.
Por que consumir alimentos
ecolóxicos certificados?
Aposta pola calidade
Os alimentos son producidos en condicións saudables para as persoas, os animais e as plantas, respectando os ciclos de crecemento conservando así o seu sabor natural, as súas propiedades organolépticas e conseguindo un alimento de máxima calidade.
Benefíciate do maior valor nutritivo
Os alimentos ecolóxicos presentan maior contido de proteínas, vitaminas e de minerais.
Pensa na saúde
Só se utilizan ingredientes ecolóxicos e aditivos de orixe natural, respectando o equilibrio interno do noso corpo, evitando que os elementos químico-sintéticos de síntese podan interferir nas nosas hormonas.
Potencia o natural
Son alimentos non modificados xeneticamente e o cultivo e a cría fanse con técnicas de produción respectuosas co entorno, conservándoo e protexéndoo.
Garante o futuro
Son alimentos “limpos” nos que non se utilizan herbicidas, fertilizantes químicos nin fitosanitarios que contaminen a terra, a auga e o aire.
Protexe o benestar animal
Os animais desfrutan de condicións dignas, cunha superficie mínima por animal, fican libres de gaiolas e dispoñen de acceso ao aire libre. Teñen unha alimentación de orixe ecolóxica e a limitación do uso de antibióticos ou tratamentos hormonais.
Aporta economía
Cada alimento ecolóxico certificado que consumes axuda as comunidades locais no seu desenrolo, facendo posibles proxectos economicamente sostibles que fixen poboación no rural.
Coida do medio ambiente
A produción de alimentos ecolóxicos axuda a preservar a biodiversidade e a mitigar o cambio climático.
Escolle seguridade
Son producidos baixo regulacións agroecolóxicas e son verificados por unha entidade independente. En Galicia, o Craega é o organismo responsable de realizar as inspeccións, tomar mostras de control en cada fase da produción e outorgar a certificación.