Desde o mércores 3 ata o domingo 7 de novembro celebrouse en Ourense o XXI Salón Internacional de Turismo Gastronómico-Xantar. O Consello Regulador estivo presente no Taller Gastronómico Degustación dos produtos do mar de Galicia, “Aula Grupo Cuevas”. A cita, organizada pola Consellería do Mar, foi o mércores 3 de novembro baixo o título Galicia Sabe Amar: ecolóxicos a Mares.
A cociñeira Emma Pinal, do Gastrobar O Birrán (Ribadavia, Ourense), preparou diferentes pratos. Houbo unha sesión vermú con croquetas de mexillón, empanada de algas e vermú de produción ecolóxica. Logo degustaron unha minihamburguesa mariñeira con verduras de produción ecolóxica e maionesa de algas. Para rematar saborearon unha torta de Santiago con crema de Arzúa-Ulloa ecolóxica. Todo o menú estivo acompañado por bebidas que contan co selo do Craega.
O xoves día 4 os produtos eco tamén formaron parte do programa de actividades, está vez nun acto organizado pola Consellería do Medio Rural, consistente nun menú degustación realizado con produtos ecolóxicos. Nesta ocasión, todo foi cociñado polo restaurador Martín Mantilla (restaurante Berso, Sober-Lugo).