O Craega e a Agacal organizan unha nova actividade formativa para o mes de outubro. Nesta ocasión trátase de cursos para informar a todas aquelas persoas que están interesadas en pasarse á produción en ecolóxico, polo que se tratarán temas como os prazos de axudas, nova normativa, requisitos, sistemas de produción e novas estratexias produtivas.
O primeiro dos cursos terá lugar en Lugo, o vindeiro luns 25 de outubro, no Edificio Administrativo Multiusos, en horario de 9-14 horas.
Máis información:
635 013 323 | beealia@gmail.com
Formulario de inscrición nesta ligazón. Ao final desta ligazón hai un despregable no que se poden ver os lugares e as datas previstos ata o momento. Lembrade que para o desenvolvemento destes cursos precísanse xuntar un mínimo de 10 alumnos/as.
Outros cursos confirmados:
- 27/10 na Casa da Cultura de Ordes (A Coruña)
- 28/10 en Becerreá (Lugo)
- 29/10 no Salón de Actos dos Chaos (A Fonsagrada)
- 02/11, Centro de promoción económica de Allariz
- 03/11 Castelo de Castro Caldelas
- 04/11 Casa da Cultura de Viana do Bolo
- 05/11 Liga Santaballesa de Vilalba
- 06/11 Casa da Cultura de Castro Ribeiras de Lea
- 22/11 Casa da Cultura de Verín