Unha nova edición do Congreso Ecolóxico Europeo, na que o Craega participará a través da asociación Intereco, quenta motores. Organizado por IFOAM Organic Europe e o seu socio portugués, Agrobio, terá lugar on line en directo desde Lisboa os días 16 ao 18 de xuño deste ano.
O Congreso de 2021 reunirá as partes interesadas na agricultura ecolóxica de toda Europa para falar da evolución das políticas en materia de alimentación e agricultura ecolóxica. O evento cubrirá a aliñación dos plans estratéxicos da PAC co Pacto Verde da UE, os cambios esperados no novo Regulamento para a produción ecolóxica da UE, a contribución do ecolóxico á mitigación do cambio climático, os sistemas alimentarios sustentables e o desenvolvemento rural.
Esta edición do Congreso é gratuíta e as prazas son limitadas. Os profesionais xa poden inscribirse na web do congreso e reservar o seu asento virtual.
Para participar podes rexistrarte de balde aquí