• CRAEGA
  • CRAEGA
  • ES-ECO-022-GA

Novos cursos de apicultura e avicultura ecolóxicas

 O Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) e a Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) organizan unha serie de relatorios sobre o novo Regulamento de produción ecolóxica (UE) 2018/848, aplicable a partir de xaneiro de 2022. Serán impartidos pola empresa Agronovo durante os meses de setembro e outubro.

O obxectivo desta actividade é dar a coñecer esta nova normativa en produción animal (bovino, avícola, ovino-cabrún, apícola e porcino) e tratar a pegada de carbono e o mercado dos produtos ecolóxicos. Cabe destacar que a formación técnica nesta nova normativa resulta imprescindible para un correcto e consolidado desenvolvemento agroalimentario ecolóxico.

Cada curso celebrarase en xornada única, con contido teórico en sesión de mañá (10:00 a 14:00 horas) e contido práctico en sesión de tarde (15:30 a 18:30 horas), con visita a explotacións ecolóxicas.

Ademais, a estas formacións, o mércores 29, súmase un curso de apicultura ecolóxica na Casa da Cultura de Quiroga (Lugo), e o xoves 30 outro de avicultura ecolóxica en Friol. Ambas formacións específicas engadiranse dentro do horario dos talleres sobre o novo Regulamento.

Información e inscrición en Agronovo

Esta páxina usa cookies para funcionar. Máis información.