O Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) e a Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) organizan un novo relatorio sobre o novo Regulamento de produción ecolóxica (UE) 2018/848, aplicable a partir de xaneiro de 2022. Será impartido pola empresa Agronovo o xoves 28 de outubro e centrarase na avicultura ecolóxica.
O obxectivo desta actividade é dar a coñecer esta nova normativa en produción animal (bovino, avícola, ovino-cabrún, apícola e porcino) e tratar a pegada de carbono e o mercado dos produtos ecolóxicos. Cabe destacar que a formación técnica nesta nova normativa resulta imprescindible para un correcto e consolidado desenvolvemento agroalimentario ecolóxico. Este curso, ademais, contará cunha sesión centrada no mercado da produción avícula ecolóxica e haberá unha visita a unha explotación.
O horario é o mesmo que nos anteriores, de 10:00 a 14:00 horas e de 15:30 a 18:30 horas e, nesta ocasión, impartirase en Vilamarín (Ourense).
Información e inscrición en Agronovo