A fin de semana do 9-10 de outubro outro equipo capitaneado por Slow Food Compostela realizou a terceira viaxe para gozar dunha nova ruta co fin de dar a coñecer de preto e poñer en valor os produtores e elaboradores certificados en ecolóxico, desta vez ao longo da provincia de Lugo.
Os operadores visitados foron NAICIÑA, Abadía Da Cova-Adegas Moure, Ecoagroturismo Arqueixal, Maeloc Way e Adega Diego de Lemos.
Como nas anteriores rutas, o equipo participante estivo formado por un grupo de influencers profesionais; nesta ocasión foron Alvientooo, Escapalandia, Caminante del Planeta, Galicia Mola, Antonautas na Iagosfera, Lucía Velasco, Lourdes López, Bloghedonista e Magdalenas de Chocolate, os que lle deron visibilidade a esta iniciativa toda a fin de semana a través das súas redes sociais.
Os deportistas convidados desta volta foron Antón Ruanova e Amador Pena, triatleta profesional dobre subcampión de España (2010 e 2013) e campión do Brasil e Sudamérica (2016), e Amador Pena, director deportivo e atleta da recentemente creada sección de atletismo da SD Compostela.
Os restaurantes onde degustaron produtos ecolóxicos da zona foron Berso-restaurante, en Sober, cun menú composto de entrecot de tenreira ecolóxica de Traloagro maridado co mencía premiado de Abadía da Cova, e tamén flan de castañas ecolóxicas, procedentes de Naiciña.
O domingo o xantar preparouse en A Parada das Bestas, en Pidre (Palas de Rei), e os provedores foron Milhulloa, Sen Máis, Arqueixal, Casa Ribeira, Esencia da Terra, Avega, Traloagro, Algas La Patrona, Abadía da Cova, Bodegas Corisca, Bubela e Bacelos de Biobra, todos eles certificados en ecolóxico.
SORTEO ECO ENTRE OS ASISTENTES
Houbo dous bodegóns de produtos con selo do Craega: un no Restaurante Berso e outro no Pazo do Piñeiro. Os dous sorteáronse entre os asistentes e os gañadores foron Alexia Gómez (Asturias) e Silvia Viqueira (Antonautas na Iagosfera).
Alexia Gómez (Asturias)
Silvia Viqueira (Antonautas na Iagosfera)
O grupo convidado, ao completo