Malia que non sempre é doado de recoñecer, nesta terceira e última entrega sobre o greenwashing ofrecemos algúns pequenos consellos para poder detectar esta práctica co obxectivo de que non nos enganen á hora de mercar os nosos produtos.
É importante ler atentamente as etiquetas e diseccionar a composición do produto. A abundancia de declaracións “sen” debe alertar o consumidor, xa que adoitan ter como obxectivo distraer o consumidor do resto da composición do produto.
COMO RECOÑECER O GREENWASHING?
Segundo o artigo publicado por María Agrelo (https://www.eco-huella.com/), titulado “Qué es el greenwashing y qué tipos hay?”(2015), algunhas das tipoloxías de “lavado verde” son moi difíciles de detectar, pero podemos seguir as seguintes pautas:
- Desconfía de envases de cor verde a non ser que veñan acompañados dunha ecoetiqueta.
- Confía na Etiqueta Ecolóxica Europea e nos produtos eco e bío, e en selos certificados como o Rainforest Alliance e, no caso da alimentación eco galega, o selo do Craega.
- Coidado coas expresións tipo 100 % orixe vexetal, verde ou produción tradicional; ningunha delas significa que o produto sexa ecolóxico.
- Lembra que, aínda que un produto sexa ecolóxico ou se produciu tendo en conta a sustentabilidade, non quere dicir que toda a marca sexa sustentable.
- Non asumas que todo o sustentable é mentira e só mercadotecnia, pero ten sempre un ollo aberto.
- Confía na palabra dos especialistas en medio ambiente e sustentabilidade.
MOITO OLLO!
Verde non sempre é igual a sostible nin ecolóxico
Que o bote sexa verde non quere dicir que o produto sexa máis sostible ca outros.
As palabras “ecolóxico”, “eco-”, “bío”, “biolóxico”… están reguladas e un produto ten que cumprir certos requisitos para utilizar estes nomes pero non hai que cumprir ningún requisito para utilizar palabras como “natural”, “artesán”, “verde”…
Sostible, pero só un pouco
Algunhas marcas crean un produto sostible, mentres o resto dos seus produtos non o son e, ás veces, tampouco respectan nin os dereitos humanos: 100 % organico | made in China.
Presumir do que é obrigatorio
Hai substancias tóxicas que levan anos prohibidas e algunhas empresas presumen de que os seus produtos non as conteñen, coma se fose unha mellora ambiental.
E QUE DIN AS LEIS?
Segundo informa o portal dixital noticias.juridicas.com, no seu artigo publicado “La UE impulsa medidas para acabar con el lavado de cara verde de las empresas”, do 23 de marzo deste ano, a comisión vén de aprobar un paquete de criterios comúns para protexer os consumidores e evitar enganos.
Ler artigo completo: https://noticias.juridicas.com/actualidad/noticias/
NON O DUBIDES E BUSCA O SELO CERTIFICADO, O ÚNICO GARANTE DE QUE O VERDE É ECOLÓXICO
Lembra que as etiquetas verdes que garanten un impacto limitado no medio ambiente son, por exemplo, a Etiqueta Ecolóxica Europea (EEE) ou o logotipo ecolóxico para os alimentos ecolóxicos producidos e comercializados na UE, no caso de Galicia, o selo do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica (Craega). https://www.craega.es/o-selo/#o-selo
COMO IDENTIFICALO?
A etiquetaxe do produto ten que ser visible no envase e conter as seguintes referencias: