As feiras ecolóxicas de Galicia Ágora Verde xa teñen data este verán. A iniciativa que chega á súa terceira edición, busca informar, concienciar e achegar á poboación o produto ecolóxico, dando a coñecer os seus beneficios para o medio ambiente e para as persoas. Ademais, fomenta a comercialización directa, achegando os produtores e elaboradores bio de toda Galicia ao consumidor.
Ao longo das feiras poderanse degustar unha gran variedade de produtos certificados como marmeladas, froitas, hortalizas, plantas aromáticas, carne, viños e licores, conservas de peixe, mel, lácteos, entre outras cousas.
Tamén haberá talleres infantís e degustacións de produto para todas as idades.
A programación de feiras é a seguinte:
- Sada, no Boulevard da Av. da Mariña. 3-4 de agosto de 11 a 22 h
- Monforte de Lemos, Explanada da Compañia, 23-25 agosto
- Viveiro, Xardíns de Noriega Varela, 30 agosto-1 de setembro
- Lugo, Praza Maior, 4-6 setembro