• CRAEGA
  • CRAEGA
  • ES-ECO-022-GA

Unha ruta polo interior máis eco de Ourense

Na pasada fin de semana rematamos as Eco Experiencias do Craega que organizamos con Slow Food Compostela. Baixo o lema Vive e coñece a produción ecolóxica de Galicia fixemos a cuarta e última viaxe para gozar dunha ruta que nos levou a coñecer produtores e elaboradores ecolóxicos da provincia de Ourense. O obxectivo desta iniciativa é dar a coñecer os produtores que traballan baixo o selo de Certificación Ecolóxica.

Nesta ocasión, a visita estivo pechada a o grupo de influencers formado por AlvientoooGuisándome la vidaRogelio Santos QueirugaViajes ChavetasEat & Love, Boavista.CoLa EcocosmopolitaGastrorgásmico e Mister More Food.

Tamén contamos, unha vez máis, co perfil dunha deportista galega de renome como foi Teri Portela, que repetiu experiencia e que ve acompañada do seu home David Mascato, tamén un dos nosos grandes deportistas galegos con toda unha traxectoria ás súas espaldas.

DESDE VERÍN ATA ALLARIZ

O sábado demos comezo a ruta en Verín, para coñecer a Juan de Terra de Baronceli, unha produción ecolóxica situada no lugar de Vilaza. Trátase dun complexo gastronómico natural, tenda e fábrica de conservas situado no Val de Monterrei. Cómpranlles froitos seleccionados a pequenos agricultores para a elaboración das súas conservas nas que se escolle e lava á man froito a froito.

Logo fixemos parada en Verín Biocoop, cooperativa que naceu no 1988 da man de once gandeiros e que hoxe opera con 28 explotacións da provincia de Ourense. Estivemos co presidente da cooperativa, José Luís Vaz que amosou a súa granxa no concello de Riós.

Neste día paramos a comer no Regueiro da Cova, en Verín, onde Begoña Vázquez nos preparou un menú baseado en produtos ecolóxicos.

Pola tarde, paramos en Labregos Daiquí, un grupo de agricultores amantes da natureza que coidan da terra para producir alimentos sabororos, sans e libres de pesticidas. Viven e traballan no concello de Rairiz de Veiga, nunha pequena aldea de montaña do sur de Ourense, chamada Carballal.

Logo chegamos ata o Fogar de Santiso de Allariz, onde saboreamos unha deliciosa cea neste antiguo museo, convertido en restaurante, e pernoctamos no Oca Vila de Allariz.

FIN DA RUTA EN RIBADAVIA

O domingo empezamos a mañá visitando un dos pequenos produtores de leite ecolóxico que temos en Galicia, Ecoleia. Marcos Quintas amosounos a súa pequena explotación situada no lugar de Torneiros (Allariz).

Seguimos ata chegar a Ribadavia, para degustar os viños do Cume do Avia, unha adega asentada no Ribeiro e creada por cinco socios.

Para xantar, fixemos unha parada na Casa do Taberneiro, recentemente distinguida como Restaurante km 0, onde Susana e Pepe nos cociñaron un menú ecolóxico moi tradicional.

OS NOSOS BODEGÓNS

Durante estas xornadas estivemos expoñendo uns bodegóns que foron sorteados entre os participantes. Marce de Gastrorgásmico (Madrid) foi o gañador do lote achegado por Labrecos, consistente, entre outras cousas, nun vale para unha cesta de produtos da súa horta ecolóxica. Alberto de Alvientooo (Galicia) foi o gañador dun lote composto por produtos achegados por Trasdeza NaturPulevaToca HoneyRefixMar de ArdoraAlgamarDaveiga (que, ademais, regalou galletas para todos os asistentes a esta Eco Experiencia por Ourense, como xa fixera na anterior), Candelas e Aceites Figueiredo. Por último, Yves de La Ecocosmopolita (Barcelona) foi a gañadora dun lote composto por produtos xentileza de Capitán AlgaCorga BrancellaoSeñorío de Rubiós e Toupiña.

 

*Podedes visualizar a ruta na páxina de Slow Food Compostela

Esta páxina usa cookies para funcionar. Máis información.