• CRAEGA
  • CRAEGA
  • ES-ECO-022-GA

Por que escoller pans de produción ecolóxica certificada? A solución perfecta para comer ben e con conciencia

Os motivos polos que debemos optar por pan ecolóxico certificado fronte ao convencional son moitos e variados. O principal é que, ao elaborarse seguindo a filosofía da produción ecolóxica, non se empregan químicos nin pesticidas en ningunha fase do proceso; isto é beneficioso tanto para a saúde das persoas que elixen esta opción, como para a do planeta en xeral.

 

Para a produción do pan ecolóxico emprégase fariña ecolóxica, preferentemente de trigo, espelta ou centeo, en moitos casos integral ou semiintegral, obtida de cultivos sen produtos químicos de síntese. Tampouco se utilizan organismos modificados xeneticamente e o número de aditivos é limitado, ademais de que deben ser de orixe natural.

 

VANTAXES NUTRICIONAIS DO PAN ECOLÓXICO:

  • O uso de fariñas ecolóxicas garante que o pan non contén residuos de pesticidas ou outros produtos químicos. O pan ecolóxico é fonte de nutrientes clave, coma vitaminas, minerais e fibras. Se a fariña é integral ou semiintegral a cantidade de fibra será maior. Ademais, a lenta fermentación coa masa nai mellora a dixestibilidade do pan e a asimilación dos alimentos esenciais; de feito, axuda a descompoñer o glute, sendo máis facilmente dixerible para as persoas con sensibilidade a esta proteína.
  • O consumo de pan ecolóxico ten múltiples beneficios para o medio ambiente, a sociedade e a saúde. O uso de prácticas ecolóxicas evita a contaminación do solo e da auga con pesticidas e fertilizantes químicos. Ademais, promóvese unha agricultura sostible e se apoia os agricultores locais que cultivan de forma responsable.
  • Dende o punto de vista social, o consumo de pan ecolóxico contribúe á creación de emprego no sector agrario e fomenta a economía local. Ademais, ao elixir os produtos ecolóxicos incentívase un modelo produtivo máis xusto e ético.

En resumo, a elaboración e consumo de pan ecolóxico non só garante un produto máis saudable e nutritivo, senón que tamén beneficia ao medio ambiente e á sociedade en xeral.

 

LEMBRA BUSCAR O SELO

É importante prestar atención ao etiquetado dos alimentos escollidos para asegurarnos de que realmente son ecolóxicos:

  • O logotipo ecolóxico europeo consiste nunha folla perfilada con estrelas sobre fondo verde; este é sempre obrigatorio acompañado do código de control da nosa comunidade autónoma ES-ECO-022-GA.
  • O selo de garantía Craega é a etiqueta que demostra que o alimento foi producido de maneira respectuosa co medio ambiente sen a intervención de elementos, compoñentes ou procesos químicos. Obtense despois de demostrar de maneira fidedigna que o produto é totalmente ecolóxico, con controis en cada fase da produción, elaboración e comercialización cumprindo coa normativa do Regulamento (UE) 2018/848 do Parlamento Europeo e do Consello.

 

Fontes:

  • Consello de Agricultura e Alimentación Ecolóxica de Euskadi

Esta páxina usa cookies para funcionar. Máis información.