É ben recoñecida a sona dos alimentos producidos en Galicia e máis aínda se son producidos baixo as premisas da agricultura ecolóxica; temos que recoñecer o labor dos produtores galegos ecolóxicos pois co seu esforzo ofrecennos alimentos de máxima calidade, saudables, libres de pesticidas e respectuosos co entorno… faise ben difícil que outras propostas oferten algo mellor, verdade?
Como consumidores debemos ter claro que o selo dunha entidade de control como é o Craega brinda unha garantía absoluta de que eses alimentos respectan a normativa europea vixente e, así mesmo, asegura a calidade dos mesmos. Sobre todo porque para que un alimento obteña o selo, todos os produtores eco certificados reciben unha inspección ao ano para comprobar, precisamente, que o están a facer segundo a normativa ecolóxica.
Cabe destacar algúns dos beneficios e vantaxes de optar polo consumo de alimentos ecolóxicos certificados, por exemplo:
- APOSTA DE CALIDADE
Os alimentos son producidos en condicións saudables para as persoas, os animais e as plantas, respectando os ciclos de crecemento conservando así o seu sabor natural, as súas propiedades organolépticas e conseguindo un alimento de máxima calidade.
- BENEFÍCIATE DO MAIOR VALOR NUTRITIVO
Os alimentos ecolóxicos presentan maior contido de proteínas, vitaminas e de minerais.
- PENSA NA SAÚDE
Só se utilizan ingredientes ecolóxicos e aditivos de orixe natural, respectando o equilibrio interno do noso corpo, evitando que os elementos químico-sintéticos de síntese podan interferir nas nosas hormonas.
- POTENCIA O NATURAL
Son alimentos non modificados xeneticamente e o cultivo e a cría fanse con técnicas de produción respectuosas co entorno, conservándoo e protexéndoo.
- GARANTE O FUTURO
Son alimentos “limpos” nos que non se utilizan herbicidas, fertilizantes químicos nin fitosanitarios que contaminen a terra, a auga e o aire.
- PROTEXE O BENESTAR ANIMAL
Os animais desfrutan de condicións dignas, cunha superficie mínima por animal, fican libres de gaiolas e dispoñen de acceso ao aire libre. Teñen unha alimentación de orixe ecolóxica e a limitación do uso de antibióticos ou tratamentos hormonais.
- ACHEGA ECONOMÍA
Cada alimento ecolóxico certificado que consomes axuda as comunidades locais no seu desenrolo, facendo posibles proxectos economicamente sostibles que fixen poboación no rural.
- COIDA DO MEDIO AMBIENTE
A produción de alimentos ecolóxicos axuda a preservar a biodiversidade e a mitigar o cambio climático.
- ESCOLLE SEGURIDADE
Son producidos baixo regulacións agroecolóxicas e son verificados por unha entidade independente. En Galicia, o Craega é o organismo responsable de realizar as inspeccións, tomar mostras de control en cada fase da produción e outorgar a certificación.
A importancia da certificación
Ao elixir alimentos ecolóxicos certificados, optamos por apoiar a agricultores comprometidos con prácticas agrícolas que respectan a terra. Estes valentes gardiáns da biodiversidade traballan para manter os nosos chans saudables, conservar a auga e protexer a integridade dos nosos ecosistemas, por iso, cada vez que optamos por produtos coa etiqueta orgánica, estamos a apoiar un modelo agrícola que valora a calidade sobre a cantidade, a diversidade sobre a uniformidade e a saúde do chan sobre os atallos químicos.
O consumo de alimentos ecolóxicos non é só unha elección de dieta saudable, é unha declaración de respecto cara ao medio ambiente e un investimento nun futuro sostible. Entón, a próxima vez que elixas encher o teu carriño de compras, pensa no impacto que as túas eleccións poden ter. Opta polo ecolóxico, en cada bocado, saborearás a conexión coa natureza e aportarás a túa semente dun mañá máis saudable para todos. Busca o selo!