Algunhas das modernas prácticas agrícolas intensivas teñen efectos indesexables no ecosistema, nos alimentos, na nosa saúde e en xeral na nosa calidade de vida.
NON HAI UN PLANETA B
Con todo, a agricultura ecolóxica, tamén chamada orgánica ou biolóxica, ofrécenos unha alternativa segura, xa que é un sistema de xestión agraria baseado na premisa de obter alimentos de máxima calidade, máis naturais, saudables e nutritivos sen usar produtos químicos de síntese nin organismos modificados xenéticamente.
Ademáis, os productores certificados garanten que os alimentos son producidos e elaborados segundo a estricta normativa europea da agricultura ecolóxica, tendo un mínimo impacto ambiental, e coa seguridade de estar controlados en todo o seu proceso, cultivo, elaboración, envasado, comercialización…
Non o dubides, é hora de cultivar, coidar, conservar e sobre todo… alimentar un planeta mellor!
FAGAMOS O PLAN C!
CALIDADE
Os alimentos ecolóxicos son producidos en condicións saudables, sen substancias químicas e respetando os ciclos de crecemento natural para conseguir a máxima calidade alimentaria.
RESPECTO POLO MEDIO AMBIENTE
O cultivo ecolóxico faise con técnicas de produción respetuosas coa contorna, conservándoa e protexéndoa.
ALIMENTACIÓN SA E NUTRITIVA
Os alimentos ecolóxicos presentan maior contido de proteínas, vitaminas e minerais; e non conteñen elementos que interfiran no equilibrio interno do noso corpo.
ECONOMÍA SOSTIBLE
Cada alimento ecolóxico que consumes axuda ás comunidades locais no seu desenvolvemento, impulsando proxectos económicamente sostibles no rural.
GARANTÍA E SEGURIDADE
Son alimentos producidos baixo ríxidas regulacións agroecolóxicas e verificados por unha entidade independente. En Galicia o Craega é o responsable do seu control.
APOSTA DE FUTURO
Son alimentos “limpos” nos que non se utilizan tratamentos que contaminen o medio ambiente, por iso, a súa produción axuda a preservar a biodiversidade e a mitigar o cambio climático.
COMO SE FAI?
COA AGRICULTURA ECOLÓXICA
Esta é a peza fundamental para levar a cabo a tarefa. Con este sistema de traballo, conseguimos alimentos sans, naturais e de moita calidade sen maltratar o medio ambiente e a contorna onde se producen.
COA AXUDA DOS OPERADORES ECO
Son miles os agricultores, elaboradores e comercializadores certificados que hai en Galicia (e seguen crecendo cada día) que contribúen entre outras tarefas a:
- Recuperar hectáreas de terreo abandoado ou contaminando devolvéndolle a vida.
- Aproveitar técnicas e prácticas tradicionais para utilizar os recursos ao seu alcance dunha maneira racional, actualizando o oficio dos nosos devanceiros.
- Mellorar a calidade ambiental, coidando a contorna natural e desenvolvendo proxectos de vida no medio rural.
- Garantir un futuro digno sen hipotecar a continuidade produtiva nin erosionar o patrimonio ambiental común.
COA TÚA AXUDA, GRAZAS!!!!
Elexindo en cada compra alimentos ecolóxicos coa garantía que ofrece o Craega, gaña o planeta, gañas ti e gañamos tod@s. Hai moitisimos alimentos ecolóxicos certificados que podes atopar no teu punto habitual de compra, tanto frescos como envasados; leite, pan, carnes, ovos, mel, froitas, vexetais, niños, licores, aceites, queixos, doces, conservas, algas….
Lembra que para identificalos tes que fixarte sempre na súa etiqueta, nela deben aparecer:
- O logotipo da Unión Europea “a Eurofolla”
- O código de control ES-ECO-022-GA
- O logotipo do Craega
Porque son alimentos ecolóxicos, sen pesticidas, sans, nutritivos, saborosos….. ainda o vas pensar?
COMPARTE, COCIÑA, CONSUME…. ALIMENTOS ECOLÓXICOS CERTIFICADOS