Belén Toimil é unha lanzadora de peso que este ano participou nos Xogos Olímpicos de Toquio. Nada en Mugardos (A Coruña), empezou a súa andaina deportiva no Club Atletismo Narón. Ata hai uns anos, a alimentación non xogaba un papel importante nos seus adestramentos, pero agora recoñece que lle permite mellorar e sentirse mellor. No número 58 da nosa revista falamos con esta atleta galega que formou parte da primeira Ecoexperiencia, que levamos a cabo conxuntamente con Slow Food Compostela en Pontevedra.
Podedes ler aquí a entrevista completa.