• CRAEGA
  • CRAEGA
  • ES-ECO-022-GA

Os nosos operadores Lugar da Veiga, Traloagro e Casa Grande de Xanceda, entre os candidatos a conseguir o Premio Aresa 2022

A Organización do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, composta polo Grupo Aresa e a Universidade de Santiago de Compostela, rexistrou un total de 17 candidatos a conseguir o galardón deste ano, que celebra a súa vixésima terceira edición e está dotado con 10.000 euros e un diploma de mérito.

Entre eles encóntranse as firmas co selo do Craega Lugar da Veiga, asentada en Chantada e propietaria das Galletas Mariñeiras Daveiga; A gandería  luguesa Traloagro e a granxa leiteira Casa Grande de Xanceda. (Mesía, A Coruña).

Ademais destas empresas, tamén cómpre resaltar a presenza nesta edición doutro proxecto vinculado á promoción da alimentación ecolóxica, como é o caso da asociación Slow Food Compostela

O resto dos candidatos son a Agrupación de Defensa Sanitaria Gandeira Acivo (Lugo); a empresa Savelo (Carballo); o laboratorio CampoLab (Outeiro de Rei); a Agrupación Apícola de Galicia; La Abuela Delfina (Triacastela); a queixería Airas Moniz (Chantada); a agrupación Son de Lugo; Muiñeiras de Requiande (Ribadeo); a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Couso (Gondomar); a granxa de insectos Galinsect (Pontevedra); Dos Dog (Lugo); a cooperativa Tres Fuciños (Castro de Rei), e o proxecto “Estratexia para a loita ecolóxica contra a rata toupa” promovida polo profesor da USC na Facultade de Veterinaria de Lugo Pablo Sánchez Quinteiro.

O xurado examinará todas estas candidaturas e dará a coñecer publicamente a gañadora o martes 31 de xaneiro.

Esta páxina usa cookies para funcionar. Máis información.