O obxectivo do convenio é dar apoio e colaboración aos estudantes para que poidan realizar as súas prácticas escolares nos departamentos correspondentes do Consello Regulador, o que supón para os alumnos a posibilidade de coñecer a realidade das empresas e aplicar in situ os coñecementos recibidos na súa formación.
Francisco L. Valladares, Presidente do Craega, explica que “ a firma destes acordos con institutos son de grande importancia para o Craega xa que pensando no futuro dos nosos moz@s, cooperamos co seu desenrolo profesional dende os inicios”.
As tarefas que realizará o alumnado en prácticas estarán relacionadas co seu nivel de estudios e formación académica.