
Podio da categoría masculina
O pasado domingo 11 de xullo celebrouse o XXXII Tri do Miño na Área Recreativa “Los Robles”. O tempo acompañou a xornada para desputar as diferentes probas que compoñen a competición, que contaba co patrocinio do Craega. Pola mañá foi o turno da proba masculina onde os atletas do Tríatlon Ferrol Iván Puentes e Alejandro Rodríguez acadaban as dúas primeiras posicións respectivamente, por diante do triatleta do Cidade de Lugo Fluvial, Martín Cando. Na proba de clubs, a vitoria foi para o Tríatlon Ferrol, seguido do Cidade de Lugo Fluvial e o Tríatlon Arteixo.

Podio da categoría feminina
A media mañá tivo lugar a proba na categoría femenina. Natalia Hidalgo, do Cidade de Lugo Fluvial, conseguiu a vitoria seguida de Anais Rivas do Tríatlon Rías Baixas e Erika Pérez do Náutico de Narón. En clubs a vitoria foi para o Tríatlon InforHouse de Santiago, seguido do Náutico de Narón e o Tríatlon Arteixo.
- Máscaras para os participantes
A seguinte proba do Circuíto Craega de Tríatlon Galego é o sábado 24 de xullo co Campionato Galego Supersprint en Narón e o Trishark Narón´21.