Nesta segunda entrega citamos algunhas das principais estratexias desta práctica, así como os obxectivos que buscan as empresas que levan a cabo este tipo de “información enganosa”, como é atacar o noso subconsciente de modo que este pense que algo é ecolóxico cando en realidade, non o é.
ESTRATEXIA: REINTERPRETAR A IMAXE CON…
• Imaxes ecolóxicas. Utilízanse cores verdes nos envases e a publicidade, que aparezan plantas, follas, animais etc. achegando unha visión de respecto, de responsabilidade social e ambiental.
• Etiquetas enganosas. Nos produtos utilizan etiquetas rechamantes con «certificado» ou o famoso «100 % ecolóxico», sen información fidedigna que reafirme estes datos.
• Produtos con contrapartidas ocultas. O claro exemplo é a utilización de materiais «reciclados», «naturais», «respectuosos co medio ambiente» etc. no ámbito da roupa, cando en realidade existen unhas condicións de explotación na fabricación do produto.
• Afirmacións irrelevantes. Utilizan técnicas de linguaxe como »non inclúe a substancia…», «non testado en animais», «libre do químico…» etc. Son afirmacións que, en realidade, a substancia ou o produto, está prohibido por lei ou é un anuncio irrelevante como ben ecolóxico. Un produto ecolóxico cobre os demais. Son anuncios, onde, dentro dunha categoría de produtos, só hai un que respecta o medio ambiente, pero exaltan de forma contundente o máis ecolóxico ante os usuarios.
• Utilización de terminoloxía que carece dun claro significado. Exemplo: ecofriendly
• Lanzamento de produtos “verdes” mentres se mantén procesos de produción pouco respectuosos co medioambiente. Exemplo: un cosmético “bío” que é producido nunha fábrica que contamina un río.
• O uso de imaxes suxestivas que suxiren un impacto verde. Exemplo: a imaxe dunha fábrica de cuxas chemineas brotan flores.
• Comparativas nas que o anunciante se define como o mellor nunha categoría determinada. Exemplo: unha petroleira que se anuncia como a menos contaminante.
• Utilización de xerga excesivamente técnica que só o experto é capaz de entender.
OBXECTIVO: ATACAR O NOSO SUBCONSCIENTE
Este tipo de información ten como principal propósito atacar o noso subconsciente con estratexias de mercadotecnia nas que mostran produtos ecofriendly, apropiándose dunha imaxe que non corresponde coa realidade, posto que normalmente non empregan métodos de produción sustentable. Esta forma de levar a cabo o greenwashing está estreitamente relacionada coa mercadotecnia verde, xa que co uso desta cor e de elementos da natureza a compañía tenta chegar o subconsciente dos consumidores facéndolles crer que na empresa prevalecen certos valores de sustentabilidade.
⇒ É importante incidir na gravidade da situación, porque a publicidade desempeña un papel clave na percepción colectiva e no consumo, polo que é fundamental establecer un control severo sobre a comunicación dalgúns sectores.
COIDADO COS ENVASES VERDES
Do mesmo xeito que algunhas palabras como “sustentable”, “ecolóxico”, “green” ou “natural”, a cor verde utilízase a miúdo para dar a ilusión de que un produto é respectuoso co medio ambiente. En efecto, o termo “verde” fai referencia á natureza, ao medio ambiente e á ecoloxía. Así, canto máis sensibles sexan os consumidores ao desenvolvemento sustentable, máis verdes serán os envases dos produtos que adoitan consumir sen que as empresas realmente axuden ao medio ambiente. Con todo, esta práctica vai en detrimento da empresa se os consumidores saben profundar un pouco máis e descobren a verdade.
Fontes consultadas
https://www.extradigital.es
https://climate.selectra.com/
https://bloo.media/blog/greenwashing/
https://ovacen.com/que-es-el-greenwashing-y-como-funciona/
https://es.wikipedia.org/wiki/Ecoblanqueo
https://www.ceroresiduo.com/que-es-greenwashing-identificarlo/
https://www.eco-huella.com/2015/07/greenwashing.html