Orballo botou a andar en 2012 en Paderne (A Coruña). Amante da natureza, a comida san e o rural, a empresa naceu co obxectivo de recuperar as plantas aromáticas que se cultivaban antigamente na terra para vender especias e infusións eco. O seu produto certificado polo Craega conseguiu facerse oco entre os grandes produtores e exportadores de té do mundo. Como novidade, acaba de estrear un programa de visitas guiadas.
Gustaríache gañar dúas entradas para unha destas rutas? Participa nos sorteos das nosas contas de Facebook e Instagram!
Dinámicas
- Segue as contas do Craega e de Orballo en Facebook e Instagram.
- Dálle ‘Me Gusta’ a esta publicación.
- Publica un comentario no que menciones a outra persoa e dinos cal é o momento máis máxico que viviches xuntos na natureza.
Consulta aquí as bases legais do sorteo.
Gañadores
Consulta aquí o nome do gañador e dos tres suplentes do sorteo.