A Consellería do Medio Rural vén de convocar un paquete de subvencións para impulsar o sector apícola. Das axudas poderán beneficiarse persoas físicas ou xurídicas que sexan titulares de explotacións especializadas nas abellas, cooperativas e outras organizacións con personalidade xurídica propia.
A orde inclúe varias liñas:
- Asistencia técnica a apicultores e organizacións de apicultores.
- Loita contra as agresións e enfermidades da colmea.
- Racionalización da transhumancia.
- Medidas de apoio á repoboación da cabana apícola.
ENLACE AXUDA: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200527/AnuncioG0426-200520-0001_gl.html
PRAZO: 29/06/2020