• CRAEGA
  • CRAEGA
  • ES-ECO-022-GA

Ábrese o prazo de inscrición para un Curso de Viticultura Ecolóxica

A Consellería do Medio Rural, a través da Agacal, organiza un novo curso de produción ecolóxica, co que colaboran o Craega e Bodegas Carballal. Nesta ocasión céntrase na “comercialización de produtos de viticultura” e será celebrado os días 26 e 27 de agosto na Estación Experimental de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega) en Leiro (Ribadumia, Pontevedra).

Na mañá da primeira xornada, que abrirá ás 9:00 horas, tratarase a situación do mercado dos produtos de viticultura, o novo regulamento da produción ecolóxica, a comunicación ambiental de produtos ecolóxicos e pecharase cun coloquio. Pola tarde, a partir das 16:00 horas, terá lugar unha visita práctica a adega ecolóxica e viñedos de ensaios.

Na segunda xornada, a partir das 9:00 horas, haberá prácticas culturais de manexo de viñedo ecolóxico, dous ensaios de tratamentos de viñedo ecolóxico da Evega e, para rematar, unha parte teórica.

As solicitudes poden enviarse a clientes@sinerxia.es

Esta páxina usa cookies para funcionar. Máis información.