Co obxectivo de mellorar a competitividade das empresas galegas, o Diario Oficial de Galicia (DOG núm. 53) publicou as convocatorias de axudas a execución de accións de promoción exterior das empresas galegas (Galicia Exporta Empresas 2022), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. O prazo de solicitude destas subvencións rematará o 26 de maio de 2022.
GALICIA EXPORTA EMPRESAS 2022
Diríxese a pemes con centro de traballo en Galicia, con polo menos 3 traballadores e serve para subvencionar actuacións de:
- Campañas publicitarias no estranxeiro.
- Elaboración de material promocional para a súa difusión en mercados exteriores.
- Participación como expositor en feiras internacionais.
- Visitas á sede da empresa en Galicia de clientes, importadores, distribuidores, medios de comunicación etc. do estranxeiro.
- Actuacións de prospección no exterior (axendas de reunións, desenvolvemento de clientes, análise da competencia, seguimento de contactos, implantación promocional).
- Xestión de acordos comerciais internacionais, certificacións, rexistros de marcas e patentes no estranxeiro.
- Seguro de crédito á exportación.