Xa está aberto o prazo de admisión no ciclo de grao medio en produción agroecolóxica que se imparte no CIFP A Granxa (Ponteareas) e no CFEA Sergude (Boqueixón), ambos xestionados pola Xunta. Os interesados terán que tramitar a súa solicitude entre o 25 de xuño e o 8 de xullo -período ordinario- ou, se quedan vacantes, do 2 ao 18 de setembro -período extraordinario-.
Con dúas mil horas de duración, o ciclo inclúe módulos para achegarse a conceptos xerais do sector agropecuario (Fundamentos Agronómicos, Principios de Sanidade Vexetal, Infraestruturas e Instalacións Agrícolas, etc) e outros de carácter máis específico como Produción Gandeira Ecolóxica e Produción Vexetal Ecolóxica.
Para acceder ao ciclo, é necesario posuír o título de ESO ou titulacións equivalentes, contar co título profesional básico ou os módulos obrigatorios dos Programas de Cualificación Profesional Inicial (PCPI) do curso 2011-2012, ou ben dispor do certificado de superación das probas de acceso a ciclos.
Para obter o título de Técnico en Produción Agroecolóxica, existen dúas modalidades: ordinaria (CIFP A Granxa) e para persoas adultas (CFEA Sergude).
Prazos: https://bit.ly/381BY0o
Folleto informativo: https://bit.ly/2Nz3d8N
Máis información: https://bit.ly/2YxpA55