• CRAEGA
  • CRAEGA
  • ES-ECO-022-GA

A Xunta pon en marcha o programa Galicia Avanza

A Xunta de Galicia, en colaboración co Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e co Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole), lanza o Programa de Aceleración para a Internacionalización de pemes galegas ‘Galicia Avanza’.

Trátase dun proxecto especializado na comercialización internacional da innovación, que persegue que solucións diferentes con selo de Galicia alcancen a presenza e o fortalecemento no mercado exterior no menor tempo posible.

Poderán ser beneficiarias ata 30 pemes da comunidade, que sexan innovadoras, con base tecnolóxica, e pertencentes a calquera sector, sempre que conten cun produto ou servizo innovador e con potencial de desenvolvemento a nivel internacional.

A metodoloxía dividirase en dous bloques, por un lado contarán con dous meses de diagnóstico e deseño de itinerarios, e polo outro implementarán os coñecementos  a través de servizos profesionais, con mentorización e formación transversal e capacitación.

As solicitudes poden presentarse ata o 3 de maio, cubrindo o formulario de inscrición.

Máis información

Esta páxina usa cookies para funcionar. Máis información.