• CRAEGA
  • CRAEGA
  • ES-ECO-022-GA

A revista 55 do Craega, na rúa

A revista 55 do Craega chega aos operadores co Informe Anual do Mapa 2019 como protagonista da portada. Esta edición de inverno tamén inclúe unha entrevista a Xosé Santiso, xerente do Fogar do Santiso, e unha reportaxe sobre TradezaNatur, unha horta ecolóxica (Silleda, Pontevedra), certificada polo Craega e cun sistema pioneiro para deshidratar froitas e verduras con enerxía solar, que levou á súa fundadora María José Tallón García, a recoller en Madrid o terceiro galardón dos XI Premios de Excelencia á Innovación para Mulleres Rurais na categoría de actividade agraria.

A publicación conta desta vez na sección de Ecorreceitas coa colaboración de Martín Mantilla, Bubela e Euro Andean e remata cunha sección nova chamada Aliméntate Bio, na que coñecemos a campaña Come Local coa que o Craega achegou alimentos bio a comedores escolares de toda Galicia.

A revista está dispoñible en formato dixital nesta ligazón.

Esta páxina usa cookies para funcionar. Máis información.