• CRAEGA
  • CRAEGA
  • ES-ECO-022-GA

España pode lograr o obxectivo do 25 % de produción ecolóxica para 2030

O ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA), Luis Planas, afirmou o pasado xoves 21 de xaneiro que España pode lograr que en 2030 o 25 % da produción agraria e gandeira do país sexa ecolóxica, tal e como estableceu a Comisión Europea.

Nunha visita ás instalacións de Mercabarna e ao Biomarket, o primeiro mercado almacenista de produtos agroalimentarios bio, Planas subliñou que España se atopa á fronte dos países europeos en canto á produción ecolóxica, cun 9,3 % do conxunto da superficie agraria útil dedicada á agricultura ou a gandería deste tipo, mentres que no consumo está “moito máis atrás”.

Un lineal de venda de alimentos ecolóxcos. Efeagro/SuperSano

“Este é un mercado que vai crecendo aos poucos pero é un mercado emerxente. Está a producirse un progreso cada vez máis importante dos mercados de produtos biolóxicos”, apuntou o ministro, que salientou o papel do recentemente inaugurado Biomarket como un axente que permita desenvolver e potenciar a distribución destes alimentos para que cheguen máis facilmente á cidadanía.

Planas, que na mañá do xoves se reuniu coa patronal Foment do Treball para abordar distintas cuestións de interese para o sector agroalimentario catalán como a modernización e posible inclusión en proxectos europeos da Canle de Urgell, fixo fincapé na aposta de Mercabarna polo produto ecolóxico e sinalou que é “un faro de referencia para o sector, non só español, senón do sur de Europa”.

Na súa intervención, o ministro tamén lembrou que a reforma da Lei de Cadea Alimentaria, cuxo trámite parlamentario comezou a pasada semana, permitirá “mellorar a dignidade da retribución dos agricultores” e ofrecerá “maior transparencia na formación de prezos”.

Máis información

Esta páxina usa cookies para funcionar. Máis información.