O Consello Regulador dá Agricultura Ecolóxica de Galicia co fin de seleccionar a mellor proposta que, pola súa adecuación, calidade arquitectónica e viabilidade técnica, económica e construtiva, así como polos seus valores ambientais e/ou culturais, convoca a todos aqueles profesionais da arquitectura interesados, para a realización do deseño e reforma da nova sede do Consello Regulador sita na cidade de Lugo; espazo de aproximadamente 850m2 en 3 plantas: soto, baixo e entresollado.
Requisitos:
Experiencia demostrada en proxectos de deseño e reforma de espazos de oficina.
Capacidade para comprender e cumprir coas necesidades e obxectivos do Consello Regulador.
Creatividade e habilidade para ofrecer solucións innovadoras que melloren a funcionalidade e o deseño do noso futuro espazo de traballo.
Coñecemento das normativas e regulacións locais relacionadas coa construción e o deseño de oficinas.
Responsabilidades:
Colaborar estreitamente co noso equipo para entender as nosas necesidades e obxectivos.
Desenvolver propostas de deseño que optimicen o espazo e melloren a funcionalidade da nosa oficina.
Coordinar con contratistas e provedores para asegurar a implementación exitosa do proxecto.
Supervisar o progreso da reforma e asegurar que se cumpran os prazos e orzamentos establecidos.
Prazo de admisión: 13 de maio de 2024 ás 15:00h
Localización: https://maps.app.goo.gl/UseGB1EonTp5zsoy8
Para ampliar máis información contacta no correo eléctronico javier@craega.es ou no teléfono 687 468 562