O Craega ata os últimos flocos para emprender rumbo a Núremberg (Alemaña). O 13 de febreiro levanta o pano Biofach 2019, a maior feira de produción ecolóxica do mundo. Trece operadores de diferentes sectores preparan a súa participación na que de seguro será unha cita clave para o seu afianzamento no mercado exterior.
Cara ao país xermano partirán dentro duns días Connorsa, Conservas Orbe, El Nogal, Jamones González, Galletas Daveiga, Mieles Anta, Pazo de Lusío, Orballo Innov. Forestales, Porto-Muíños, Producto de Aldea, Green Mixology, The Bio Factory (A Factoría Ecolóxica) e Coraçai. Estarán alí catro xornadas. Esta acción lévase a cabo co apoio da Xunta e da UE. Pola súa banda, o Igape subvenciona as viaxes e o aloxamento de parte dos expositores.
Biofach botou a andar en 1990 coa aspiración de converterse nun referente para os profesionais do sector. Na última edición sumou 2.500 expositores e 44.000 visitantes de 129 países. Para as trece empresas galegas representa unha ocasión excepcional á hora de tecer redes internacionais.