• CRAEGA
  • CRAEGA
  • ES-ECO-022-GA

Barómetro de percepción e consumo de alimentos ecolóxicos en Galicia

Despois dos barómetros dos anos 2010, 2013, 2017 e 2020, o Craega promove, co obxectivo de cuantificar o coñecemento e os hábitos de consumo de alimentos ecolóxicos, o 5º Barómetro Craega 2023.

Para a realización deste traballo, tomouse unha mostra de 900 enquisados, seleccionados por mostraxe aleatoria simple. O tipo de enquisa foi telefónica, realizouse en xuño de 2023 e comprendía á poboación galega maior de 18 anos con responsabilidades na compra cotiá de alimentos do fogar.

A continuación, resumimos as conclusións ás que se chegaron:

  • A popularidade dos alimentos eco acada o seu máximo histórico: o 99 % da poboación ten oído falar deles.
  • A suba de prezos xeneralizada en todas as áreas de consumo tamén chegou á alimentación ecolóxica.
  • Os problemas relacionados coa dispoñibilidade dos produtos ecolóxicos seguen reducíndose.
  • Mantense, como factor central das compras de alimentos en Galicia, o Eixo de Alimentación Saudable.
  • O recoñecemento do logotipo do Craega aumentou no 2023 con respecto aos datos de hai tres anos.
  • Os consumidores destes produtos seguen a amosar un alto nivel de coñecemento sobre as súas características, é dicir, son persoas informadas e interesadas na composición e nos procesos do que adquiren.
  • O 76 % dos consumidores dos produtos ecolóxicos leva máis de tres anos consumíndoos, co cal, amosan fidelidade.
  • Entre o 10 % e o 30 % dos alimentos que compoñen a cesta da compra de case a metade dos entrevistados é de orixe ecolóxico.
  • Neste barómetro rexistrouse o segundo maior incremento na porcentaxe das persoas que consumen alimentación ecolóxica, acadando o 62 %.
  • A variedade de produtos industriais e elaborados de orixe ecolóxico viuse aumentada nas cestas da compra con respecto a outros anos.
  • O supermercado imponse como o lugar por definición para facer a compra, sendo tamén o sitio principal de acceso aos alimentos eco.

 

Pulsa na imaxe para descargar o 5º Barómetro Craega 2023

Esta páxina usa cookies para funcionar. Máis información.