A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), convoca as axudas á nova participación de agricultores en réxime de calidade. Cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), das subvencións poderán beneficiarse as persoas físicas ou xurídicas, titulares de explotacións agrarias que cumpran a condición de atoparse en activo.
No caso da produción ecolóxica, tamén se considerará nova participación aquela que se refira a agricultores que, tendo actividade previa no programa de calidade, inicien o seu labor no sector con destino ao mercado en relación a algunha nova orientación produtiva. En todo caso, esta nova orientación debe ter unha dimensión económica suficiente para superar a consideración de actividade de autoconsumo.
A contía da axuda será do 100% dos gastos subvencionables realizados, sen superar os 3.000 euros anuais por explotación, durante un período máximo de cinco anos. Non se tramitarán expedientes cunha contía inferior a 50 €.
Podes consultar o DOG aquí