- Dende o pasado mes de marzo tedes abertas as candidaturas para esta 2.ª edición, que se pecharán o 14 de maio de 2023.
- Estes premios recoñecen a diferentes actores excelentes ao longo da cadea de valor ecolóxica que desenvolveron un proxecto innovador, sustentable e inspirador que resulta nun valor engadido real para a produción e o consumo de alimentos ecolóxicos.
- A cerimonia de entrega de premios terá lugar en Bruxelas o 25 de setembro de 2023.
Desde o pasado mes de marzo xa están abertas as candidaturas para a 2.ª edición e pecharán o 14 de maio de 2023. Podedes consultar a Guía práctica da EU para entender de xeito moi sinxelo o funcionamento deste premio.
Lembramos que os Premios Ecolóxicos da UE recoñecen diferentes actores excelentes ao longo da cadea de valor ecolóxica que desenvolveron un proxecto innovador, sustentable e inspirador que resulta nun valor engadido real para a produción e o consumo de alimentos ecolóxicos. A cerimonia de entrega de premios terá lugar en Bruxelas o 25 de setembro de 2023.
Están organizados conxuntamente pola Comisión Europea, o Comité Económico e Social Europeo, o Comité Europeo das Rexións, COPA-COGECA e IFOAM Organics Europe, co apoio do Parlamento Europeo e do Consello, concederanse oito premios en sete categorías:
- Mellor agricultor e agricultora ecolóxicos
- Mellor rexión ecolóxica
- Mellor cidade ecolóxica
- Mellor biodistrito ecolóxico
- Mellor PEME de transformación de alimentos ecolóxicos
- Mellor comerciante polo miúdo de alimentos ecolóxicos
- Mellor restaurante/servizo de comida ecolóxica
Calquera actor ou institución da UE ao longo da cadea de valor ecolóxica que entre nas categorías anteriores cun proxecto digno de mención que contribúa a unha maior asequibilidade e/ou accesibilidade dos produtos ecolóxicos na UE pode presentar a súa candidatura.
PODE PRESENTAR A SÚA CANDIDATURA CALQUERA ACTOR OU INSTITUCIÓN DA UE AO LONGO DA CADEA DE VALOR ECOLÓXICA QUE ENTRE NAS CATEGORÍAS ANTERIORES CUN PROXECTO DIGNO DE MENCIÓN QUE CONTRIBÚA A UNHA MAIOR ACCESIBILIDADE DOS PRODUTOS ECOLÓXICOS EUROPEOS
Acéptanse solicitudes en todas as linguas oficiais da UE, entre as que se inclúe o galego. Avaliaranse en función de criterios de excelencia, innovación, sustentabilidade e posibilidade de reproducir o proxecto noutros lugares da UE. Os gañadores contribuirán a un maior coñecemento público da produción ecolóxica na UE.
⇒MÁIS INFORMACIÓN