A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, publicou as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo lobo e convócanse para o próximo ano 2022. Poderanse acoller a estas axudas as persoas físicas ou xurídicas titulares das explotacións gandeiras especificadas no documento e que fosen afectadas por ataques de lobos en Galicia.
O prazo de presentación para os danos comunicados entre o 1 de outubro de 2021 e a entrada en vigor desta orde será dun mes contado a partir da entrada en vigor desta orde. Para os danos ocasionados a partir da entrada en vigor desta orde, o prazo de presentación será dun mes contado desde o día seguinte á comunicación do ano.
Tamén publicou as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo xabaril en cultivos agrícolas e convócanse para o próximo ano. Serán beneficiarias aquelas persoas titulares de explotacións agrarias onde constaten os danos aos cultivos agrícolas producidos por este animal, inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga) e as persoas titulares de explotacións agrarias de autoconsumo onde constaten os danos.
O prazo de presentación para os danos comunicados entre o 11 de outubro de 2021 e a entrada en vigor desta orde, o prazo será dun mes contado desde a entrada en vigor. Para os danos comunicados a partir da entrada en vigor, o prazo será dun mes contado desde o día seguinte ao da comunicación do dano ao teléfono 012.