A Rede Rural Nacional será a entidade encargada de xestionar a participación na 4.ª edición dos Premios de Inspiración Rural 2022 que convoca a Rede Europea de Desenvolvemento Rural (ENRD), que este ano ten como leitmotiv “O futuro é a mocidade”, inspirado polo Ano Europeo da Mocidade, desenvolto pola Comisión Europea.
Estes premios outorgaranse a catro categorías temáticas: futuro verde, futuro dixital, futuro resiliente e futuro socialmente inclusivo e innovador. Ademais, haberá unha quinta por votación popular, que premiará un proxecto preseleccionado, que implique a menores de 40 anos e que será sometido a votación pública.
Todos os proxectos deben ser financiados polo Feader ou o Feaga no período 2014-2022 e terán que estar finalizados, por regra xeral. Desde a ENRD seleccionaranse os 24 candidatos e os 5 gañadores.
Para presentar a candidatura, é necesario encher a ficha coa información dos proxectos e enviala, ata o 30 de xuño (incluído), ao correo redrural@mapa.es.
Pódese solicitar máis información á Antena Rexional, que no caso de Galicia é a través de antenarrn.Galicia@tragsa.es.