A Consellería do Medio Rural, a través da Agacal, en colaboración co Craega, organiza un novo curso de produción ecolóxica, desta volta centrado nas “posibilidades de comercialización da pataca ecolóxica”, que terá lugar o 3 de setembro na Casa da Cultura de Xinzo de Limia (Ourense).
A xornada estenderase todo o día: pola mañá, a partir das 9:00 horas, trataranse temas como a situación do mercado da pataca ecolóxica, o novo regulamento e a comunicación ambiental de produtos ecolóxicos; a sesión matutina rematará cun coloquio para todos os asistentes. Pola tarde, a partir das 16:00 horas, levarase a cabo unha visita práctica ao campo de ensaio A Corda Sandiás.
As solicitudes poden enviarse a clientes@sinerxia.es