Gonzalo Triunfo e Francisco L. Valladares, presidentes da Fegatri e do Craega repectivamente, tras a firma do convenio
O presidente do Craega, Francisco López Valladares, e mais o presidente da Federación Galega de Tríatlon e Pentatlón Moderno (Fegatri), Gonzalo Mario Triunfo, asinaron esta tarde na sede da Federación en Lugo un convenio de colaboración entre ambas as entidades co fin de impulsar e apoiar as actividades deportivas e fomentar o consumo de produtos amparados polo Consello Regulador e o coñecemento da produción ecolóxica por parte dos deportistas e consumidores en xeral.
Deste xeito, no ámbito de celebración das probas deportivas, os deportistas da Federación lucirán a imaxe e os logos do Craega, co obxectivo de visibilizar a importancia dunha alimentación saudable e respectuosa co medio ambiente, así como a práctica do deporte.
CALENDARIO DE PROBAS
O calendario de probas previstas no circuíto galego de Tríatlon 2021 é o seguinte:
- Sábado 26 de xuño: X Tríatlon Concello de Poio, praia de Lourido (Poio, Pontevedra). Cancelada
- Domingo 11 de xullo: XXXII Tríatlon do Miño, Área Recreativa Los Robles (Lugo). Celebrada
- *Sábado 24 de xullo: Campionato Galego Supersprint en Narón e Trishark Narón´21. Celebrada
- Domingo 8 de agosto: XX Tríatlon Cidade de Ferrol, Porto Deportivo de Ferrol. Cancelada
- Sábado 21 de agosto: XX Tríatlon Cidade de Pontevedra. Campionato Xunta de Galicia Absoluto de Tríatlon e Paratríatlon, Paseo do Lérez (Pontevedra)
Fóra de circuíto
Sábado 12 de xuño: III Mar de Muros Tríatlon-Trofeo Iván Raña, Porto de Muros. Celebrada
*Debido a cancelación da proba de Poio, que formaba parte do Circuíto Craega de Triatlón 2021, acordaron incluír o patrocinio no próximo Campionato Galego Supersprint para cadetes, xuvenís e júnior, que se celebrará en Narón o sábado 24 de xullo. Trátase dunha proba clasificatoria para o Campionato Nacional da categoría. O coorganizador da proba (A.D. Náutico de Narón) tamén organiza ese día un triatlón popular en distancia sprint, Trishark Narón´21, no que contará coa imaxe de Craega na promoción desa proba popular.