O próximo venres día 14 de xullo o Pazo de Feiras e Congresos de Lugo acollerá unha xornada técnica baixo o título de “Primeiros resultados sobre a eficiencia productiva e pegada de carbono en ganderías de leite ecolóxico”. Nesta presentaranse os resultados do proxecto piloto “Incremento da eficiencia en ganderías de ruminantes e valorización dos seus produtos”.
Esta proxecto busca axudar a mellorar o rendemento das ganderías de vacún ecolóxico, aproveitar a biodiversidade do entorno e reducir o impacto ambiental, aspectos clave para adaptarse á PAC e obter así maiores beneficios económicos.
O evento comezará ás 10:30 horas e durará toda a mañá. Participarán como relatores expertos da asesoría Agronovo, promotora do proxecto, do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), e do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega).
Este acto é completamente gratuíto, mais é necesaria inscrición previa para asistir. O aforo é limitado. Os interesados poden apuntarse nesta ligazón.