A Xunta Electoral proclamou o día 27 de xaneiro de 2023 as candidaturas definitivas ás eleccións do CRAEGA sen ningunha reclamación ao respecto. Nos censos B2, B3 e D as candidaturas xa están proclamadas sen necesidade de proceso electoral ao terse presentado unha única candidatura.
Podes consultar o listado completo aquí
No caso de que as candidaturas A1, A2 e B1 chegasen a acordo, dispoñen de prazo límite para a presentación do acordo na Xunta Electoral Central ata o próximo día 2 de febreiro de 2023. No caso contrario, a campaña electoral para os censos A1, A2 e B1 comezaría o día 3 de febreiro de 2023 e a votación realizaráse o domingo 19 de febreiro de 2023, sendo as mesas electorais as seguintes:
Provincias de Ourense e Lugo
Edificio Administrativo Xunta de Galicia en Lugo (Ver enderezo)
Provincias de Pontevedra e A Coruña
Edificio Wifi Vilanova de Arousa (Ver enderezo)