Xa podedes consultar en formato dixital o número 60 da nosa publicación cuadrimestral. Este especial de primavera ábrese cun amplo monográfico dedicado ás feiras celebradas nestes últimos meses, ás que asistimos cun dos nosos principais obxectivos como entidade: apoiar e difundir o labor dos nosos operadores. BioCultura A Coruña e BCN, Acuafuture Spain’22, Salimat e Alimentaria Barcelona volveron ao seu formato presencial e o selo ecolóxico galego achegou o seu gran de area en cada un destes eventos.
Este apartado complétase coas entrevistas a Francisco L. Valladares, o presidente da nosa entidade, que reflexiona sobre os cinco anos á fronte da presidencia, e a Ángeles Parra, directora de BioCultura e presidenta de Vida Sana, quen, entre outros aspectos, nos ofrece unha retrospectiva da súa asociación, que cumpre cuarenta anos de existencia.
Nas seguintes páxinas inclúense as nosas habituais seccións: “Novas breves”; “Formación”; “Axenda”; “Cocina eco”, coas innovadoras receitas que nos propón o trío gastronómico Indo e Vindo e, como peche, “Aliméntate bío”, apartado no que se recolle a colaboración do Consello coa campaña Come Local, unha iniciativa da Agacal, que organiza Slow Food Compostela por terceiro ano consecutivo nos comedores escolares galegos.
- Consulta a revista en liña
- Todas as entrevistas, en formato vídeo na nosa canle de YouTube.