• CRAEGA
  • CRAEGA
  • ES-ECO-022-GA

O Campionato Xunta de Galicia de Tríatlon SuperSprint esgotou as prazas de participación

Podio júnior feminino

O Campionato  Xunta de Galicia Supersprint cadete, xuvenil e júnior, ademais dunha proba popular na distancia Sprint, que tivo lugar o pasado 24 de xullo no concello coruñés de Narón, contou con 180 rapaces e rapazas entre todas as categorías e esgotou todas as prazas dispoñibles a consecuencia dos protocolos Covid-19. Trátase dunha das probas clasificatorias para os campionatos de España da modalidade, que foi organizada polo AD Náutico de Narón, o Concello de Narón, Toyota Breogán Motor e a Federación Galega de Tríatlon, e forma parte  do circuíto de probas da Fegatri patrocinadas polo Craega.

Os vencedores en cadetes foron Lucía Piñón, do A. D. Náutico de Narón, e Damián Suárez do C. N. Cedeira Muebles García; en xuvenís gañaron Ainoa Gontán, do Triatlón Infohouse Santiago e Alejandro Rodríguez, do Triatlón Ferrol. Por último, en júnior os galardoados foron Natalia Castro, do A. D. Náutico de Narón e David González, do Cidade de Lugo Fluvial.

Por equipos, Triatlón Ferrol vencía en cadetes masculino e feminino; Triatlón Inforhouse Santiago conseguía o mesmo en xuvenís e Cidade de Lugo Fluvial en masculino, por último o A. D. Náutico de Narón vencía en feminino na categoría júnior.

A proba popular, na que participaron 150 atletas en distancia sprint, foi dominada polos triatletas internacionais Antón Ruanova e Anneke Jenkins.

Durante a proba os deportistas foron agasallados con gorros oficiais de natación, azuis e brancos, que levaban impreso o selo do Craega; así mesmo, os campións das tres categorías do campionato recibiron tamén un maillot, tamén coa imaxe do Consello.

Esta páxina usa cookies para funcionar. Máis información.