O pasado sábado 12 de xuño, celebrouse na vila coruñesa de Muros o III Mar de Muros Tríatlon-Trofeo Iván Raña, a primeira das probas que contou co patrocinio do Craega tras o convenio asinado coa Fegatri. A proba contou con 156 participantes inscritos e os vencedores foron Silvia García e o propio Iván Raña.
Raña marcou diferenza dende o comezo e foi o único participante que conseguiu baixar dos 10 min na proba de natación.
Pola súa banda, na categoría feminina a primeira no podio foi Silvia García, deportista do Artrogal Tri 498, e xunto a ela subiron Alba Muñiz e Antía González.
Lembrámosvos que o sábado 26 de xuño terá lugar a primeira proba clasificatoria: o X Tríatlon Concello de Poio, praia de Lourido (Poio, Pontevedra).