• CRAEGA
  • CRAEGA
  • ES-ECO-022-GA

Xornada técnica sobre pataca ecolóxica en Rairiz de Veiga

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) celebra o vindeiro outubro unha xornada técnica sobre a produción ecolóxica de pataca. Terá lugar o luns 7 e o martes 8 (de 08.30 a 20.30 horas) no CEIP Carlos Cid Arregui, en Rairiz de Veiga (Ourense).

O programa está dirixido a agricultores e produtores e pataca, profesionais do medio rural dados de alta na súa actividade, agricultores en xeral, empresas vinculadas á produción (ecolóxica ou non) do tubérculo, e outros actores implicados neste tipo de cultivo.

O enxeñeiro agrónomo e especialista en Agroecoloxía Áxel Torrejón Pineda impartirá o groso dos relatorios. Estará acompañado de Ramón Jesús Lamelo Otero, da Agacal, e Manuel García, de Daiquí, unha cooperativa certificada polo Craega. Para inscribirse, só hai que cubrir este formulario e envialo por correo electrónico a craega@craega.es antes do 03/10/2019. Tamén se pode remitir por fax ao número 982 416 030 ou anotarse por teléfono chamando ao 982 405 300. Neste último caso, o impreso entregarase o día da xornada.

Programa completo e formulario

Esta páxina usa cookies para funcionar. Máis información.