- 80 gramos de brotes tenros de leituga, espinacas, remolacha, rúcula…
- 1 ovo enteiro
- 50 gramos de lacón cocido
- 5 castañas asadas
- 1 culleriña de pemento doce
- Cantidade suficiente de aceite de oliva virxe extra
- 1 culler de vinagre de mazá
- Sal
- Pementa negra moída c/s
- Pemento doce para decorar
ELABORACIÓN:
- Lavamos os brotes tenros e deixámolos na neveira en auga con xeo durante unha hora para que estean moi crocantes.
- Escalfamos o ovo e para iso pomos auga a ferver con sal e un chorriño de vinagre. Cando a auga ferva, apagamos o lume e engadimos o ovo sen casca, arroupamos a clara ao redor da xema para que resulte máis bonito e tapamos.
- Deixamos cocer durante tres minutos. Retiramos o ovo e introducímolo en auga fría con xeo.
- Preparamos a vinagreta quentando o aceite de oliva, incorporamos o pemento doce con coidado de que non se nos queime e deixamos repousar para poder decantar o aceite e eliminar os restos do pemento. Cunha medida de vinagre disolvemos o sal e incorporamos o aceite de oliva virxe de pemento. Engadimos as castañas asadas peladas e picadas á vinagreta.
- Escorremos os brotes e mesturámolos cun pouco de vinagreta, colocámolos no prato e enriba engadimos as lascas de lacón e no medio un ovo escalfado ben escorrido.
- Salseamos coa vinagreta e poñemos anacos de castañas por riba. Empoamos un pouco de pemento doce e servimos.
Descarga a ecoreceita en PDF en este enlace.