O obxectivo destes premios é fomentar e estimular a excelencia do traballo dos profesionais ao longo de toda a cadea alimentaria, así coma concienciar sobre o valor dos alimentos e a redución do desperdicio. Unha vez máis, unha das modalidades está dedicada á produción ecolóxica.
O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) anunciou no Boletín Oficial do Estado (BOE) un extracto da orde pola que se convoca a 37.ª edición do Premio Alimentos de España 2025.
Este ano inclúese de novo a categoría de produción ecolóxica, que en 2023 gañou Algamar. As solicitudes poderán presentarse ata o 17 de marzo a través da sede electrónica do ministerio. Nesta dirección web está dispoñible un modelo normalizado de solicitude que os candidatos deberán cumprimentar e acompañar dunha memoria e documentación complementaria.
![Algamar gañou o Premio Alimentos de España 2023 na categoría de produción ecolóxica](https://www.craega.es/wp-content/uploads/2025/02/DSC00014-scaled.jpg)
Algamar gañou o Premio Alimentos de España 2023 na categoría de produción ecolóxica
No caso de que os candidatos sexan persoas físicas, poderán presentar as solicitudes presencialmente en papel no rexistro xeral do ministerio ou en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Os Premios Alimentos de España forman parte da extratexia do Goberno para reforzar a imaxe de España coma referente gastronómico e alimentario, dentro da campaña “O país máis rico do mundo”, que promove a riqueza e diversidade dos produtos nacionais.
Dende o Craega, animámosvos a presentar as vosas propostas.