Os interesados poden presentar as súas candidaturas para esta terceira edición dos Premios Ecolóxicos da UE dende xa e ata o vindeiro domingo 12 de maio. Estes premios recoñecen a diferentes actores ao longo da cadea de valor que desenvolveron un proxecto excelente, innovador, sustentable e inspirador que resulta nun valor engadido real para a produción e o consumo de alimentos ecolóxicos. A cerimonia de entrega de premios será en Bruxelas o vindeiro 23 de setembro, coincidindo co Día Ecolóxico da UE.
Dende o pasado 4 de marzo xa están abertas as candidaturas para a terceira edición destes premios e pecharán o 12 de maio. Nesta ligazón podes consultar todos os detalles sobre os III Premios Ecolóxicos da UE e a información ao completo de como presentar a túa candidatura.
Lembramos que estes premios recoñecen a diferentes actores ao longo da cadea de valor que desenvolveron un proxecto excelente, innovador, sustentable e inspirador que resulta nun valor engadido real para a produción e o consumo de alimentos ecolóxicos. O acto de entrega de premios coincide nesta ocasión co Día Ecolóxico da UE: o próximo 23 de setembro. O encontro terá lugar en Bruxelas.
Os III Premios Ecolóxicos da UE están organizados conxuntamente pola Comisión Europea, o Comité Económico e Social Europeo, o Comité Europeo das Rexións, COPA-COGECA e IFOAM Organics Europe. En total, concederanse oito premios en sete categorías:
- Mellor agricultor e agricultora ecolóxicos
- Mellor rexión ecolóxica
- Mellor cidade ecolóxica
- Mellor biodistrito ecolóxico
- Mellor PEME de transformación de alimentos ecolóxicos
- Mellor comerciante polo miúdo de alimentos ecolóxicos
- Mellor restaurante ou servizo de comida ecolóxica
Calquera actor ou institución ao longo da cadea de valor ecolóxica que entre nas categorías anteriores cun proxecto digno de mención que contribúa a unha maior accesibilidade dos produtos ecolóxicos na UE pode presentar a súa candidatura.
Acéptanse solicitudes en todas as linguas oficiais da UE, entre as que se inclúe o galego. O proxecto presentado debe referirse claramente a unha das sete categorías de premios e o mesmo proxecto non se pode presentar para varias categorías, co cal, cada solicitante só pode optar a un único premio. Ademais, os gañadores das edicións anteriores non poden volver a participar nesta edición.